miércoles, 3 de julio de 2013

Homenaxe da CGT aos presos e presas do franquismo que traballaron na construcción do Embalse de Yesa e outros pantanos

O vindeiro día 6 de xullo, a CGT, dentro das actividades da Escola Libertaria de Verán en Ruesta, vai a render homenaxe e recoñecemento a aquelas persoas que traballaron, en réxime de escravitude, nas grandes obras públicas da guerra e a postguerra.
Non só participaron na construcción de pantanos como o de Yesa ou na Canle do Baixo Guadalquivir (que xa é coñecido como a Canle dos Presos) senon nas estradas de todo o estado, na reconstrucción de vías férreas, etc. Pero a demanda e ofrecemento de traballadores presos tamén se fixo para obras da iglesia, do exército ou de concellos.
As condicións nas que realizaban o seu traballo eran penosas e inhumanas. Moitas das persoas que formaron parte dos batallóns de traballo morreron mentras realizaban o seu traballo, vítimas das malas condiciónes de seguridade e hixiene e polo esgotamento que sufrían.
A CGT, fronte á situación que padeceron os que foron encarcelados e sufrieron penalidades por defenderen os ideais de liberdade e xustiza, se ten personado na querela contra os crímenes franquistas presentada na Arxentina, denunciando o traballo forzado dos presos baixo o réxime franquista.
Agora, o día 6 de xullo de 2013, ás 13.30 horas, os militantes cegetistas queremos lanzar o noso grito de denuncia e de recoñemento á súa loita có descubrimento dunha placa de homenaxe, ao que precederá unha charla explicativa, e durante o transcurso da Escola Libertaria, se poderá visitar en Ruesta a exposición titulada "El Canal de los Presos".

Máis información en "Rojo y Negro Digital" - Memoria Libertaria