martes, 18 de marzo de 2014

A CGT de Madrid, Extremadura e Castela-A Mancha edita dous libros

A Confederación Territorial da CGT de Madrid, Extremadura e Castela-A Mancha, xunto coa Fundación Salvador Seguí, ten editado os seguintes libros:

"El Camino del Bien. Respuesta a un mundo deshumanizado", de Heleno Saña.
Unha sociedade como a dos nosos días, que non coñece outra lei que a da competitividade e a caza do éxito a toda costa, está condeada a enxendrar un tipo de convivencia baseada na guerra inmisericorde de todos contra todos anunciada por Hobbes, o primeiro teórico da sociedade burguesa. Os demáis non o compañeiro, o amigo ou o irmán, senon o rival ou o inimigo que hai que combatir porque o imperativo de sobrevivir ao brutal "struggle for life" asi o esixe. Non outra cosa quería dicir Sartre ao afirmar que o “inferno son os outros”. A moral competitiva ensalzada polo discurso dominante como a virtude máxima conduce en liña recta á vontade de poder tanto en sentido persoal como colectivo, e onde predomina esta actitude, surxe unha vida en común determinada inevitablemente pola discordia, a hostilidade e a agresividade que 
vemos hoxe por todas partes. Platón sabía por qué chamou á plutocracia o peor de todos os sistemas de goberno.



"Tiempos de Plomo. Grupos de acción y defensa confederal, de Juan J. Alcalde. 
As asociacións obreiras e en especial as libertarias, dispuxeron sempre desas estructuras de autodefensa non paramilitares que se nutrían dos numerosos grupos de afinidade que existían nas mesmas. A historia dos Grupos de Defensa do anarcosindicalismo é tan antiga como a historia do asociacionismo obreiro. Os militantes que os integraban non eran profesionais da pistola nin da revolución. Os seus membros non eran profesionais da violencia. Eran, simplemente, obreiros. Eran traballadores manuais e intelectuais anónimos, na maioría dos casos. Os nomes da maior parte dos seus componentes non teñen transcendido, só os de aqueles en quen recaeu a responsabilidade do cargo. As súas ferramentas de combate, máis que a pistola ou a dinamita, foron a solidaridade e o apoio mutuo.

A presentación dos libros terá lugar na Biblioteca Regional de Madrid "Joaquín Leguina", o luns 7 de abril ás 18 horas, coincidindo coa visita de Heleno Saña a España.