Os reclusos saían daquelas sesións de tortura con desigual sorte. Algúns, con serias lesións serias en cabeza, tórax e extremidades, das que tardaron en curar ata trinta días. Tras os interrogatorios eran levados a rastras ata as súas celas, onde permanecían sen asistencia médica. Con Agustín Rueda se cebaron e o compañeiro non puido resistir o salvaje castigo. O informe da autopsia poría de manifesto cómo “las lesiones fueron producidas por un grupo de agresores” que emplearon “objeto contundente alargado, de tipo blando, como puede ser la porra o el vergajo, y objeto duro, de menor tamaño”. “Se puede afirmar –dicía o informe- que no es posible, salvo especial destreza, ocasionar tantas lesiones externas respetando la estructuras óseas subyacentes”.

Dez anos despois da morte do recluso anarquista, a Audiencia Provincial de Madrid considerou que o apaleamento de Agustín Rueda era “un delito de imprudencia temeraria con resultado de muerte”. Se condenou a 10 anos de cárcere a Eduardo Cantos, director de Carabanchel cando se produciron os feitos, ao subdirector Antonio Rubio e a cinco funcionarios máis. Outros tres encausados foron condeados a oito, sete e seis anos, respectivamente. E a dous anos de cárcere os médicos José Luis Casas e José María Barigow, que ocultaron o grave estado de Agustín Rueda tras a paliza. De todos eles, ningún chegou a permanecer nin oito meses en prisión.
Mais información : CGT Valencia. http://www.cgtvalencia.org/memoria/20140313/agustin-rueda-torturado-y-as...