Video con imaxes inéditas da manifestación en Valencia en 1979 polo asasinato de Valentín González do que se cumplen xa 35 anos.
A música corresponde á canción "Sangre en el mercado de abastos" do grupo Guillotina Club.
martes, 17 de junio de 2014
miércoles, 28 de mayo de 2014
Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña
O vindeiro domingo, día 1 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901

miércoles, 14 de mayo de 2014
Cultura para todos e todas: O movemento libertario e a educación. Entrevista a Cristina Escrivá.
"O punto de partida dos ateneos libertarios era só unha biblioteca, pero os ateneos proliferaron por todo o estado español, configurando unha rede cultural alternativa para obreiros e obreiras en barrios e pobos".
Cristina Escrivá é a coautora xunto con Rafael Maestre do libro “Cultura para todos. El movimiento libertario y la educación (1936-1939)” que foi presentado nas Xornadas Primeiro de Maio que organizan os compañeiros e compañeiras da CGT do País Valencià. Cristina Escrivá é titora de prácticas externas en Historia Contemporánea da Universitat de València e asesora de Cátedra de Memoria Histórica da Universidad Complutense. Ten colaborado coa CGT en proxectos de investigación e exposicións, ademáis de publicar os libros “El Internado-Escuela Durruti 1937-1939” e “De las negras bombas a las doradas naranjas. Colonias escolares 1936-1937”, xunto con Rafael Maestre.
Enlazamos coa entrevista que lle fixo Enric Llopis de "Rebelión":
- Na web de CGT do País Valencià.
- Na web de Rebelión.

lunes, 12 de mayo de 2014
En lembranza de Valentín González.
O vindeiro 25 de xuño cúmplense 35 anos da morte de Valentín González Ramírez, militante anarcosindicalista de 20 anos que foi asasinado polo impacto dunha pelota de goma da Policía Nacional durante unha Folga legalmente autorizada na defensa das reivindicacións da clase traballadora.
A Confederación e, especialmente o Sindicato de Transportes, Comunicacións e Mar da CGT de Valencia, xunto aos familiares e amigos do compañeiro está traballando na campaña de reivindicación da memoria e a xustiza, na que está a colaborar, entre outros, o debuxante Carlos Azagra, autor do cartaz que ilustra esta entrada. Falar de Valentín González é falar de represión, de memoria, de xustiza e sobre todo de dignidade e solidariedade obreira.
Mais info: En memoria de Valentín González Ramírez

sábado, 19 de abril de 2014
Finou a compañeira Concha Pérez, miliciana de CNT na revolución de 1936 e militante da CGT nos últimos anos.
A compañeira Concha Pérez, miliciana da CNT durante a revolución de 1936 e militante da CGT na etapa moderna, libertaria sempre, morreu o pasado 17 de abril.
Para lembrar o seu legado, colgamos a entrevista que se lle fixo á compañeira Concha Pérez en febreiro de 2011.
Que a terra te sexa leve, compañeira!!
Mais info: CGT de Catalunya - Concha Pérez ha mort aquest 17 d´abril

martes, 18 de marzo de 2014
A CGT de Madrid, Extremadura e Castela-A Mancha edita dous libros
A Confederación Territorial da CGT de Madrid, Extremadura e Castela-A Mancha, xunto coa Fundación Salvador Seguí, ten editado os seguintes libros:
"El Camino del Bien. Respuesta a un mundo deshumanizado", de Heleno Saña.
Unha sociedade como a dos nosos días, que non coñece outra lei que a da competitividade e a caza do éxito a toda costa, está condeada a enxendrar un tipo de convivencia baseada na guerra inmisericorde de todos contra todos anunciada por Hobbes, o primeiro teórico da sociedade burguesa. Os demáis non o compañeiro, o amigo ou o irmán, senon o rival ou o inimigo que hai que combatir porque o imperativo de sobrevivir ao brutal "struggle for life" asi o esixe. Non outra cosa quería dicir Sartre ao afirmar que o “inferno son os outros”. A moral competitiva ensalzada polo discurso dominante como a virtude máxima conduce en liña recta á vontade de poder tanto en sentido persoal como colectivo, e onde predomina esta actitude, surxe unha vida en común determinada inevitablemente pola discordia, a hostilidade e a agresividade que
vemos hoxe por todas partes. Platón sabía por qué chamou á plutocracia o peor de todos os sistemas de goberno.
"Tiempos de Plomo. Grupos de acción y defensa confederal, de Juan J. Alcalde.
As asociacións obreiras e en especial as libertarias, dispuxeron sempre desas estructuras de autodefensa non paramilitares que se nutrían dos numerosos grupos de afinidade que existían nas mesmas. A historia dos Grupos de Defensa do anarcosindicalismo é tan antiga como a historia do asociacionismo obreiro. Os militantes que os integraban non eran profesionais da pistola nin da revolución. Os seus membros non eran profesionais da violencia. Eran, simplemente, obreiros. Eran traballadores manuais e intelectuais anónimos, na maioría dos casos. Os nomes da maior parte dos seus componentes non teñen transcendido, só os de aqueles en quen recaeu a responsabilidade do cargo. As súas ferramentas de combate, máis que a pistola ou a dinamita, foron a solidaridade e o apoio mutuo.
A presentación dos libros terá lugar na Biblioteca Regional de Madrid "Joaquín Leguina", o luns 7 de abril ás 18 horas, coincidindo coa visita de Heleno Saña a España.

viernes, 14 de marzo de 2014
O 14 de marzo de 1978 moría Agustín Rueda, torturado e asasinado.
O 14 de marzo de 1978 finou na cadea de Carabanchel o recluso anarquista Agustín Rueda, tras ter sido torturado por varios funcionarios, que lle interrogaban en relación cun túnel que acababa de ser descuberto nas dependencias da cadea.
Os médicos do centro penitenciario, José María Barigow e José Luis Casas García, eludiron prestar asistencia médica ao preso. Para averiguar quén eran os responsables da excavación producíronse torturas e palizas nas que quince funcionarios turnáronse para golpear aos presos sospeitosos, con puños, pes, porras e obxectos metálicos.
Os reclusos saían daquelas sesións de tortura con desigual sorte. Algúns, con serias lesións serias en cabeza, tórax e extremidades, das que tardaron en curar ata trinta días. Tras os interrogatorios eran levados a rastras ata as súas celas, onde permanecían sen asistencia médica. Con Agustín Rueda se cebaron e o compañeiro non puido resistir o salvaje castigo. O informe da autopsia poría de manifesto cómo “las lesiones fueron producidas por un grupo de agresores” que emplearon “objeto contundente alargado, de tipo blando, como puede ser la porra o el vergajo, y objeto duro, de menor tamaño”. “Se puede afirmar –dicía o informe- que no es posible, salvo especial destreza, ocasionar tantas lesiones externas respetando la estructuras óseas subyacentes”.

Dez anos despois da morte do recluso anarquista, a Audiencia Provincial de Madrid considerou que o apaleamento de Agustín Rueda era “un delito de imprudencia temeraria con resultado de muerte”. Se condenou a 10 anos de cárcere a Eduardo Cantos, director de Carabanchel cando se produciron os feitos, ao subdirector Antonio Rubio e a cinco funcionarios máis. Outros tres encausados foron condeados a oito, sete e seis anos, respectivamente. E a dous anos de cárcere os médicos José Luis Casas e José María Barigow, que ocultaron o grave estado de Agustín Rueda tras a paliza. De todos eles, ningún chegou a permanecer nin oito meses en prisión.
Mais información : CGT Valencia. http://www.cgtvalencia.org/memoria/20140313/agustin-rueda-torturado-y-as...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)